jueves, 31 de marzo de 2016

Emociós que a xente sente pero nunca pode explicar ( I )


Todos pasamos por algunha situación na que sentimos algo pero simplemente non sabemos como definilo, xa sexa porque non hai unha palabra que describa esa emoción ou simplemente non existen as palabras adecuadas para referirnos a iso.

Nas redes sociais,o medio mais utilizado hoxe en día, empezou a circular unha imaxe cunha lista de 23 palabras que están a chegar a cambiar todo, xa que estas palabras definen precisamente esas estrañas emocións que non podemos explicar.


Estas 23 palabras foron inventadas e escritas por John Koenigs, deseñador, editor e artista gráfico, quen é o creador dunha web que se fai chamar O Dicionario das Dores Obscuros, que desde 2009 dedicouse a compilar un léxico de sentimentos e emocións que todos habemos experimentando, pero que simplemente non teñen unha palabra para referirse a eles.

John Koenigs explícao así:

"Cada palabra en realidade significa algo etimológicamente, e foron construídas a partir dunha ducia de idiomas e xergas populares actualizadas, para que así teñan unha construción de varios idiomas e todos esteamos presentes nelas. Cada definición orixinal pretende encher un oco na linguaxe para dar un nome ás emocións que todos poderiamos experimentar".
Coñezamos cada unha das palabras:


1. Sonder


A comprensión de que cada persoa ten unha vida tan intensa e complexa como a nosa.
Sonder en alemán significa "especial" e en francés úsase para "sondar, explorar, ou mergullar. Ambos os significados foron usados para esta palabra.


2. Opia


A estraña necesidade de mirar a alguén aos ollos, o que pode dar ao mesmo tempo unha sensación invasiva e vulnerable.

Etimoloxía: Do grego opia, plural de "opio" + opia, "dos ollos".




3. Monachopsis


A sensación sutil pero persistente de estar fóra de lugar.

Etimoloxía: Do grego monachus "soa, solitaria" + opsis "visión".


4. Énouement


O sabor agridoce de chegar ao futuro, ver como saíron as cousas, pero non ser capaz de dicirnos a nós mesmos como foi o noso pasado.

5. Vellichor


A estraña nostalxia cara a vellas librerías.

Provén dunha similitude coa palabra grega petrichor, que é a esencia da choiva sobre a terra mollada.


6. Rubatosis


A inquietante conciencia de sentir o noso propio latexado do corazón.

Etimoloxía: Do termo musical italiano Rubato + Tempo "tempo roubado".




No hay comentarios:

Publicar un comentario