Ás veces o máis duro dalgúns sentimentos é compartilos con outras persoas. Pero o feito de compartir os teus sentimentos pódeche axudar, tanto cando trátese de bos sentimentos como doutros que non sexan tan bos. Ademais, o feito de compartir os teus sentimentos axudarache a sentirche máis preto da xente que che importa e a quen lle importas. Cando a xente fala sobre sentimentos, ás veces utiliza a palabra emocións.
Céntrate nos teus sentimentos.
Para poder compartir os teus sentimentos con alguén, antes terás que aclararche ti mesmo sobre que é o que sentes.
Facerche unha lista sobre o que sentes pódeche axudar. Podes facela mentalmente ou ben escribilo nun anaco de papel ou debuxalopor exemplo podes platexarte estas preguntas : Hai algo que che molesta ou che preocupa? Faiche sentirche triste ou enfadado? Sentes esa emoción de cando en vez ou constantemente?
Á hora de tentar identificar os teus sentimentos, pódeche axudar lembrar cousas que che ocorreron e como che fixeron sentirche. Entón poderás dicir, por exemplo: "Póñome triste cando o meu amigo non quere xogar comigo " ou "Me enfado porque o meu irmán sempre me gaña cando xogamos a facer canastras". Iso axudarache a identificar os teus sentimentos, e tamén dará á persoa a quen llo expliques máis información sobre o que che molesta ou preocupa.
Por que falar sobre os sentimentos?
A forma en que nos sentimos por dentro é importante. Pode ser moi duro non explicarlle a ninguén que estás triste, preocupado ou enfadado con alguén ou por algo . Entón, estarás ti só con eses desagradables sentimentos. E, se cho gardas todo para ti, poderías chegar a poñerche enfermo!
Pero, se falas con alguén a quen lle importas de verdade, como a túa nai ou o teu pai ou algun amigo ainda que hoxe en día tes que ter cuidado a que lle contas as cousas, o máis probable é que empezos a sentirche mellor. Xa non estarás ti só cos teus problemas e preocupacións. Iso non significa que os teus problemas e preocupacións vaian desaparecer como por encantamento, pero polo menos haberá alguén máis que saberá que é o que che preocupa ou molesta e que poderá axudarche a buscar posibles solucións.
Á túa nai e ao teu pai impórtalles o que che ocorre e interésalles saber cando tes problemas porque che queren e queren saber o que está a pasar na túa vida. Pero, e se non queres explicarllo aos teus pais? En tal caso, sempre podes buscar a outro adulto de confianza, como un parente ou o psicólogo escolar. Talvez esa persoa poida axudarche a falar coa túa nai e/ou o teu pai sobre o que che preocupa( isto en caso de que o problama sexa grave )pero hay veces que son tonterias e con falalas con alguen de confianza xa che serve..
Como podes falar sobre os sentimentos?
Unha vez decidises con quen queres falar, necesitarás elixir un lugar e un momento adecuado para facelo. Debería ser un lugar recolleito, ou podes falar cos teus irmáns na sala de estar. Iso dependerá das túas preferencias, pero é importante que escollas un momento e un lugar en que poidades falar tranquilamente sen que ninguén vos interrompa. Se crees que che vai a resultar difícil dicir o que tes na cabeza, anótacho nun anaco de papel. Se a persoa non entende á primeira o que tentas contarlle, proba a explicarllo dunha maneira diferente ou ponlle un exemplo do que che preocupa ou molesta. Se hai algo que crees que podería mellorar as cousas, explícallo tamén.
.
Algúns nenos do mesmo xeito que algúns adultos ? son máis introvertidos que outros. Isto significa que hai algunhas persoas que son máis tímidas e cústalles máis compartir os seus sentimentos. Non é preciso compartir cos demais todos e cada un dos sentimentos que temos, pero é importante que o fagamos cando necesitamos axuda. Non podes solucionar ti só todos os teus problemas. Ás veces necesitarás axuda. E, entón, falar sobre como che sentes pode ser o primeiro paso para obtela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario